COPITO DE NIEVE
DIRECCIÓN:
Andrés G. Schaer
VOCES V.O.:
Pere Ponce, Elsa Pataky, Felix Pons Ferrer, Rosa Boladeras, Claudia Abate e Joan Sullà
DURACIÓN:
86′
ORIXE:
España
ANO:
2011
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia
SINOPSE:
Copito de Nieve é un gorila albino que vive no Zoo de Barcelona e ten unha particularidade: é o único da súa especie no mundo. A súa cor convérteo en protagonista do zoolóxico e os nenos adórano, pero tamén provoca que os outros gorilas non o acepten tal e como é.
Un día, Copito decátase de que a famosa Bruxa do Norte está de paso na cidade, e decide ir buscala para que lle dea unha poción que o converta nun gorila negro normal e corrente, xa que non quere sentirse diferente. No camiño atopará unha serie de amigos que o axudarán a conseguir os seus propósitos, como un mapache e un oso panda. O que Copito non sabe é que fóra está Luc de Sac, un gafe malvado que quere atrapalo para acabar coa súa mala sorte.
RECOÑECEMENTOS:
Festival Global de Cine Nonvilent: Premio do Xurado á Dirección de Arte