BUENOS PRINCIPIOS

DIRECCIÓN:

Yvan Attal

GUIÓN:

Dean Craig, Yvan Attal e Yaël Langmann

REPARTO:

Yvan Attal, Charlotte Gainsbourg, Pascale Arbillot, Adèle Wismes, Sébastien Thiery, Ben Attal, Eric Ruf e Pablo Venzal

DURACIÓN:

106′

ORIXE:

Francia

ANO:

2019

XÉNERO:

Dramedia

IDADE:

12+

SINOPSE:

Henri (Yvan Attal) é un escritor de mediana idade en crise: fai máis de 20 anos que escribiu un best seller pero dende entón non volveu atopar a inspiración. Esta última etapa dedicouse á súa familia: súa muller (Charlotte Gainsbourg) e os seus catro fillos. Todos eles semellan ser os responsables dos seus fracasos, de todas as mulleres que nunca volverá ter, de todos os coches que nunca conducirá e de non vivir en Roma, a súa cidade favorita. Da noite á mañá, todo comeza a cambiar ao seu redor: o amor incondicional da súa muller comeza a flaquear, os seus fillos deciden independizarse, e aparece da nada “Estúpido” un can un tanto peculiar que o axudará a entender que a súa vida podería converterse na súa mellor historia.

TRÁILER: