@buelos

XÉNERO:

Comedia

IDADE:

 

SINOPSE:

Isidro Hernández (Carlos Iglesias) é un parado de 59 anos ao que a crise expulsou do mercado laboral. Tras dous anos sen recibir ofertas de traballo chega á conclusión que a única forma de volver traballar e sentirse útil é montando o seu propio negocio. Pero que pode emprender alguén da súa idade a quen a sociedade relega simplemente ao coidado dos seus netos? A resposta é clara: coa axuda de Arturo (Roberto Álvarez), un exitoso escritor de novelas románticas, e de Desiderio (Ramón Barea), un xubilado con ganas de ser avó, embarcaranse no ambicioso proxecto de tentar montar unha gardería. Para desenvolvelo, os tres amigos penetraranse nun ‘coworking’ repleto de mozos, onde terán que sacar ao emprendedor que levan dentro.

TRÁILER: