Catálogo filmes CNR
BELLA E O CIRCO MÁXICO
DIRECCIÓN:
Atle Blakseth e Frank Mosvold
DURACIÓN:
79′
IDIOMA:
Galego
PAÍS:
Noruega
ANO:
2020
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia
SINOPSE
Bella está a organizar un circo para o seu mellor amigo, Henry, xa que nunca antes estivera nun. Está moi emocionada e agarda ser a atracción principal cun fantástico truco de maxia: fará desaparecer a Henry.
Pero o mesmo día do circo, Johnny, un mozo molón, múdase á veciñanza. Ten unha idea espléndida para o espectáculo: quere facer un truco en bicicleta xunto con Henry. Henry está abraiado polo mozo, mentres que Bella sente que está a perder ao seu mellor amigo. A súa exasperación aumentará máis aínda cando Johnny ofrécelle a Henry unha bicicleta nova. Bella non pode soportalo máis e obriga a Henry a elixir entre Johnny ou ela. Henry non quere magoar a ninguén, sae correndo e desaparece. É cando Bella ten que ir buscar ao seu inimigo, Johnny, para que a axude a atopar a Henry. Ten que salvar o circo pero, sobre todo, a súa amizade.
A película é unha viaxe pola estrada, onde tres nenos aprenden a verdadeira maxia da amizade.