12 AÑOS DE ESCLAVITUD

DIRECCIÓN:

Steve McQueen

GUIÓN:

John Ridley

REPARTO:

Chiwetel Ejiofor, Michael Fassbender, Lupita Nyong’o, Paul Dano, Paul Giamatti, Benedict Cumberbatch, Sarah Paulson, Brad Pitt, Alfre Woodard e Adepero Oduye

DURACIÓN:

133′

ORIXE:

Estados Unidos

ANO:

2013

XÉNERO:

Drama – Aventuras – Rural (EE.UU.)

IDADE:

16+

SINOPSE:

Baseada nun feito real ocorrido en 1850, narra a historia de Solomon Northup, un culto músico negro que vivía coa súa familia en Nova York. Tras tomar unha copa con dous homes, Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo nunha plantación de Louisiana. Solomon contempla como todos ao seu arredor sucumben á violencia e á desesperación. Pero el decide non renderse e esperar a que chegue o momento oportuno para recuperar a liberdade e volver coa súa familia.

RECOÑECEMENTOS:

Gañadora de 242 premios e nomeada a 337. Algúns destes son:

Premios OSCAR: premios a Mellor Película do Ano, Mellor Actriz de Reparto (Lupita Nyong’o) e a Mellor Guión Adaptado. Conta con 6 nomeamentos máis

Premios BAFTA: premios a Mellor Película e Mellor Actor Protagonista (Chiwetel Ejiofor). Conta con 8 nomeamentos máis

Premios AACTA: premios a Mellor Actor Protagonista (Chiwetel Ejiofor) e a Mellor Actor de Reparto (Michael Fassbender)

Acapulco Black Film Festival: premios a Mellor Actor (Chiwetel Ejiofor), Mellor Actriz de Reparto (Lupita Nyong’o), Mellor Guión e Mellor Dirección

Aliance of Women Film Jounalists: premios a Mellor Dirección, Mellor Actriz de Reparto (Lupita Nyong’o), Mellor Guión Adaptado, Mellor Película e Mellor Interpretación (Lupita Nyong’o)

Premios BET: premios a Mellor Película, Mellor Actor (Chiwetel Ejiofor) e Mellor Actriz (Lupita Nyong’o)

Empire Awards (UK): premio a Mellor Actor de Reparto (Michael Fassbender)

Premios Sant Jordi: premio a Mellor Película Estranxeira

TRÁILER: