PROXECIÓN DE CURTAS PARA FACER MÁIS DOADO O CONFINAMENTO
CINE DESDE CASA

Ate que dure o confinamento, os veciños da Rúa Rei Daviña de Vilagarcia disfrutarán ás 9 da noite dunha dobre sesión de curtametraxes empregando a fachada do edificio da farmacia de devandita rúa.
#CINEdeseCASA
PROGRAMACIÓN

THE CHAMPION
HOXE Unha homenaxe a Pantera Rodriguez

Fillo dun mariñeiro, por consello dun antigo boxeador da súa mesma vila, Vicente Martiñán, aos dezaseis anos mudouse a Zaragoza e posteriormente a Madrid para dedicarse ao boxeo. En Madrid debutou como afeccionado en 1972. Nese ano e en 1976 proclamouse campión de España de afeccionados na categoría de pesos pesados. En 1977 pasa a profesional, e gaña por nove veces o título dos pesos pesados, ata que se retira invicto en 1987.
Voltamos a orixe do cine
Hai 128 anos os irmáns Lumiere realizaron a primera proxección de cine da historia en París, xa choveu e mudou un pouco o cinema, mais en esencia a viaxe entre imaxes segue a cautivarnos.
Agora con millóns de cores, efectos 3D, son envolvente segue sorprendendo.
Rememorar o encanto de ver cine na rúa, tendo como teito o ceo estrelado e como recinto unha praza, un adro, un parque, ou mesmo unha a Praia son o maridaxe perfecto para unha noite chea.
Achégate este verán al cine na rúa, estaremos en máis de 100 localidades de Galicia e norte de Portugal.

Servizos


Xestión de dereitos
Xestionamos licencias para a exhibición pública de contidos audiovisuais.


Organización do Evento
Diseñamos e configuramos a sesión según as necesidades, ou caracteristicas do lugar.


Gran Catálogo de Filmes
Contamos cun amplo catálogo de filmes de todos os xéneros para configurar a sesión cinematográfica.
Precisas un evento cultural de verán?
Concellos - festivais - asociacións culturais - comisións de festas
Si eres programador de eventos, xestor cultural, dirixes una asociación e precisas de un evento diferente, que reune os vecinos
e familia o redor dunha película, contacta con nós.