Xa temos gañadora do sorteo da viaxe ao Parque Warner Madrid

XA TEMOS GAÑADORA DO SORTEO DA VIAXE AO PARQUE WARNER MADRID Naomi Piñeiro, seguidora de Instagram do Cine na Rúa, gaña o premio dunha viaxe para 4 personas ao Parque Warner Madrid O pasado 1 de agosto publicamos en redes sociais un sorteo organizado por Cine na Rúa coa colaboración da axencia vilagarciana de viaxes El Salón de tus Viajes. Cun éxito rotundo de participación, o sorteo estivo activo durante todo o mes de agosto. Máis de 400 personas participaron no sorteo e os seguidores da nosa conta de Instagram subiron un 187%, pasando duns 800 seguidores aos 1.442 en tan só 30 días. O 31 de agosto pechouse o sorteo e o 1 de setembro realizouse o sorteo na plataforma Sortea2. Así resultaron dous nomes (a gañadora e a suplente no caso de renuncia). Comprobouse que a conta gañadora cumplise todas as condicións do sorteo e, tras comprobalo, notificóuselle á gañadora como proceder. Así, Naomi Piñeiro resultou ser a persona que disfrutará dunha viaxe ao Parque Warner Madrid. Agardamos que disfrute ela e os seus acompañantes desta súper viaxe que poderán disfrutar dende agora ata o 31 de marzo do 2024. Noraboa, Naomi!

Ler Máis »